OS HORREOS

Quen vos viu e quen vos ve. Este dito venvos de marabilla aos señoriais e esbeltos hórreos que noutros tempos lucíchedes en todas as eiras do país.

O seu cometido era manter o millo en bo estado, sustento de persoas e animais que habitaban  unha casa. Pero o seu uso non só se limitaba á conservación do tan, daquela, imprescindible cereal. Dependendo do seu tamaño tamén daban información sobre a riqueza dos seus donos. Soamentes ollando para os horreos, sabiamos si estabamos ante unha casa  humilde ou de familia pudente.

Pero un bo día chegou o progreso e deixaron de ser necesarios. Ante a súa falta utilidade  foron caendo en desgracia e convertéronse nun estorbo. O espazo que ocupaban, ahora era necesario para levantar as construccións que os novos tempos facían imprescindibles: naves para vacún, garaxes para maquinaria… Podíanse cambiar de ubicación, pero para o servizo que prestaban ninguén quería gastar un peso neles. Resultado: faise a obra que se precise e ignorase a súa presenza: se cadra ben,utilzase de parede; se  é máis alto que a obra proxectada, sácaselle un anaco.

Namentras  non lle demos ós horreos o aprecio e a protección como patrimonio histórico e cultural que nos están a pedir, tan só nos queda compadecernos deles. Nas entradas deste blog iranse poñendo fotos da situación actual. ¿Poderá facerse algo?